RESIDUOS

O BNG advirte da falta de limpeza do parque de Salgueiriños

lixo04
lixo04

Caixas e plásticos quedan amoreadas cada xoves despois de celebrarse o mercado e son arrastradas polo vento cara a un regato
 

O BNG advirte da falta de limpeza do parque de Salgueiriños

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2017.- O grupo municipal do BNG recibiu diversas queixas da veciñanza de Salgueiriños sobre o mal estado en que se atopa o parque deste barrio, con bolsas de plástico e caixas espalladas a carón da contorna do río Corgo que deterioran a zona verde e afean a imaxe da zona.

Segundo explican, cada xoves queda gran cantidade de lixo sen recoller despois do mercado de Salgueiriños, que se despraza arrastrado polo vento e vai parar ao leito do regato, con consecuencias e deterioro da calidade da auga, ademais de ofrecer unha imaxe inadecuada para este parque.

Por estes motivos, o BNG demanda que se efectúen as debidas indicacións para que se depositen os restos de plástico e de cartón nos espazos destinados para este fin co obxectivo de evitar a contaminación e as molestias para a veciñanza da zona.

O BNG advirte da falta de limpeza do parque de Salgueiriños