PLENO

O BNG lémbralle ao alcalde que aínda non se crearon os aparcadoiros para bicicletas aprobados hai 18 meses

A Comisión Asesora de Patrimonio Histórico informara xa en 2012 a favor da colocación dun sistema aparcabicicletas no extremo sur do Pazo de Raxoi

O BNG lémbralle ao alcalde que aínda non se crearon os aparcadoiros para bicicletas aprobados hai 18 meses

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2017.- O grupo municipal do BNG recórdalle ao equipo de Goberno de Compostela Aberta que en outubro de 2015 se aprobou en Pleno unha iniciativa para crear aparcadoiros de bicicletas, que ano e medio despois aínda non se realizaron.

Para o BNG, a dispoñibilidade de aparcadoiros de bicicletas cómodos e seguros é unha condición imprescindíbel para promocionar o seu uso. Ademais, xa daquela demandara campañas de concienciación sobre os beneficios de utilización de medios de transporte sostíbeis, incluíndo as vantaxes da intermodalidade no sentido que se poida deixar o coche nun estacionamento e desprazarse pola cidade en bicicleta.

Para as localizacións destes aparcadoiros propón as facultades, o edificio administrativo de San Caetano, estación de autobuses, estación de tren, aparcadoiros de borde como Salgueiriños, San Lázaro e Santa Marta, Porta do Camiño, a avenida Rodríguez de Padrón, Multiusos do Sar, CHUS e Restollal, entre outros.

O BNG lémbralle ao alcalde que aínda non se crearon os aparcadoiros para bicicletas aprobados hai 18 meses