O BNG anima a realizar visitas aos museos e galerías de arte de Compostela coa súa reapertura

Visita ao Museo do Pobo Galego
Visita ao Museo do Pobo Galego

Goretti Sanmartín, Navia Rivas, Xesús Domínguez e Concha de la Fuente realizaron un percorrido polo Museo do Pobo Galego, “o museo nacional do noso país, un símbolo da esencia de ser galegas e galegos”

O BNG anima a realizar visitas aos museos e galerías de arte de Compostela coa súa reapertura

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2020.- A portavoz do grupo municipal do BNG de Santiago, Goretti Sanmartín, realizou un chamamento para que a veciñanza vaia aos museos e galerías de arte que abren esta semana as súas portas logo do período de confinamento por mor do Estado de Alarma derivado da covid-19.

“En Santiago de Compostela temos cantidade de lugares cheos de arte e unha riqueza magnífica nestes centros”, sinalou, “é arte todo, cada pedra que pisamos”. Así, as concelleiras Goretti Sanmartín e Navia Rivas; o responsábel local do BNG, Xesús Domínguez; e Concha de la Fuente, que forma parte da candidatura deste 12X, realizaron unha visita ao Museo do Pobo Galego coincidindo coa súa apertura.

Co xesto desta visita, o BNG quere animar a xente a que vaia coñecer e volver a estes espazos culturais onde hai coleccións permanentes e exposicións de pintura contemporánea e vangardista, fotografías e esculturas “e tamén a identidade do que significa ser de Galiza, como neste Museo do Pobo Galego”, segundo explicou durante un percorrido polas salas que exhiben pezas etnográficas, vinculadas aos oficios tradicionais e ás festas. Goretti Sanmartín cualificou o Museo do Galego como “o museo nacional do noso país, un símbolo da esencia de ser galegas e galegos”.

Tamén fixo referencia ás galerías de arte privadas e a todos eses espazos culturais que nestes días van abrir para facer un chamamento a visitalos. Ademais, incidiu na oportunidade de coñecer o legado de Carlos Maside que está na Fundación Granell, no Pazo de Bendaña situado na prazo do Toural, que foi recentemente adquirido pola Deputación da Coruña e o Consorcio da Cidade de Santiago.




 




 




 

O BNG anima a realizar visitas aos museos e galerías de arte de Compostela coa súa reapertura