ENSINO

O BNG apoia a comunidade educativa dos centros de Monte dos Postes e das Fontiñas ante o recorte de profesorado

Goretti Sanmartín
Goretti Sanmartín
Goretti Sanmartín reclama do Goberno local que se interese pola situación de tres docentes asignados en itinerancia pola Xunta, cando deben estar a xornada completa no mesmo centro de ensino
O BNG apoia a comunidade educativa dos centros de Monte dos Postes e das Fontiñas ante o recorte de profesorado

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2021.-  O grupo municipal do BNG traslada o seu apoio á comunidade educativa dos CEIP Monte dos Postes e das Fontiñas ante o recorte de profesorado e o feito de que a Xunta optase por compartir profesores en itinerancia.

O BNG recibiu queixas das ANPA por esta situación suscitada ao inicio do curso, que mesmo obrigou a volver configurar o horario docente e de titorías, ante a preocupación de que 900 nenos e nenas compartan profesorado semanalmente co risco que supón para a prevención da pandemia da covid-19.

Na actualidade vense afectadas tres prazas dun titor, de Audición e Linguaxe, Pedagoxía Terapéutica, para o que requiren a asignación de docentes a tempo completo e que se respecten as características destas prazas tal como aparecen nos catálogos destes centros de ensino.

Para o BNG, non é tempo de recortes en Educación, polo que reclama tamén do Goberno local que se interese pola situación e demande da Xunta o profesorado necesario para ter uns servizos públicos de calidade en Santiago de Compostela.

Goretti Sanmartín propón tamén unha solución urxente para as persoas que non puideron tramitar online a solicitude para obter a praza de comedor escolar, de xeito que non quede ningunha familia excluída deste servizo que debera ter carácter universal para garantir a igualdade de oportunidades.

 

 

 

 

O BNG apoia a comunidade educativa dos centros de Monte dos Postes e das Fontiñas ante o recorte de profesorado