O BNG insta o alcalde a que responda as preguntas que ten sen contestar dende setembro
Compostela Aberta evade, así, normas de transparencia e o regulamento municipal posto que o prazo son 15 días
Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2016.- O grupo municipal do BNG requírelle ao alcalde, Martiño Noriega, que conteste as preguntas por escrito que leva dende o mes de setembro sen contestar, tendo en conta que o prazo de resposta son 15 días segundo o regulamento e que, deste xeito, está a dificultar o labor de control do Goberno local que lle corresponde á oposición.
Entre as cuestións que o Goberno de Compostela Aberta non respondeu, atópanse demandas de información sobre un contrato realizado a Xoaquín Monteagudo, do servizo da ORA e do guindastre, do remate do contrato de limpeza e posíbel municipalización, da oferta presentada pola empresa Arasti Barca gañadora do concurso de dinamización da rede de centros socioculturais, do estudo económico dos comedores escolares ou do servizo de conservación e mantemento das instalacións do sistema de control de tráfico e do túnel do Hórreo de Telvent, entre outras.
Para o BNG, o feito de Compostela Aberta non responder en prazo as preguntas rexistradas dálle continuidade ás prácticas de opacidade cuestionadas cando o PP tiña a Alcaldía, ademais de tratarse dun xeito de dificultar o labor de control e de fiscalización da oposición, de non respectar as normas de transparencia nin o propio regulamento municipal do Concello de Santiago.
PREGUNTAS E SOLICITUDES SEN ATENDER/CONTESTAR
- 29/09/2015, preg. Consello de saúde
- 07/10/2015, solicitude da oferta de Arasti Barca
- 23/10/2015, preg. Plan económico Financeiro
- 27/10/2015, preg. Valado da Pontepedriña
- 06/11/2015, preg. Datos violencia de xénero
- 11/11/2015, preg. Contrato menor Xaquín Monteagudo
- 13/11/2015, solicitude bandeira praza de Galiza
- 14/11/2015, reiterar solicitude da oferta de Arasti Barca
- 17/11/2015, preg. Contrato servizo de limpeza
- 17/11/2015, preg. Servizo de ORA e Grúa
- 18/01/2016, preg. Espazo para residuos
- 27/01/2016, preg. Consultoría Comedores escolares
- 27/01/2016, preg. Cancelación Aparcadoiro de Galeras
- 28/01/2016, preg. Fotorroxo
- 29/01/2016, preg. Telvent
- 02/02/2016, preg. Municipalización ORA e guindastre
- 02/02/2016, preg. Acceso CSC Almáciga
- 04/02/2016, preg. Fianza Festigal