EDUCACIÓN

O BNG insta ao Goberno local a abrir a ludoteca das Fontiñas

A Deputación da Coruña xa aprobou a partida orzamentaria para o seu funcionamento

O BNG insta ao Goberno local a abrir a ludoteca das Fontiñas

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017.- O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego pregúntalle ao Goberno local cando ten previsto abrir as portas da ludoteca María Miramontes, nas Fontiñas, tendo en conta que xa dispón do equipamento necesario e que a Deputación da Coruña xa aprobou a partida orzamentaria para o seu funcionamento.

Deste xeito, insta ao Goberno local de Compostela Aberta a abrir este espazo educativo e de lecer das Fontiñas, para lle dar servizo á veciñanza da zona.

O BNG insta ao Goberno local a abrir a ludoteca das Fontiñas