MOBILIDADE
O BNG organiza un acto público aberto para coñecer modelos alternativos de tráfico e mobilidade
Será o martes 19 de setembro ás 20:00 no Centro Sociocultural das Fontiñas
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2017.- O BNG de Santiago organiza un acto público con motivo da Semana da Mobilidade para coñecer e debater sobre modelos urbanos alternativos na ordenación do tráfico de vehículos, onde prima a cidade pensada para as persoas con espazos abertos para transitar a pé co fin de gañar calidade de vida.
Contarase coa presenza da concelleira do BNG de Santiago Goretti Sanmartín Rei; do concelleiro de Urbanismo e Ordenación do Territorio de Pontevedra, César Mosquera; e do experto en Accesibilidade Xesús Fole.
O evento será o martes 19 de setembro ás 20:00 horas no Centro Sociocultural das Fontiñas (rúa de Berlín, 13) en Santiago de Compostela.