OBRAS

O BNG pregunta cando van arranxar o enlousado e as beirarrúas da avenida de Salamanca

BNG
BNG

Demanda que se convoque a reunión coa veciñanza para expor o proxecto e consultar o modelo de pavimentación

O BNG pregunta cando van arranxar o enlousado e as beirarrúas da avenida de Salamanca

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2021.-  O BNG de Santiago trasladou unha pregunta ao Goberno local para coñecer cando ten previsto manter unha reunión coa veciñanza da avenida de Salamanca para expor e consultar o modelo de pavimentación. Ademais, o BNG quere saber se ten previsto renovar tamén o enlousado das beirarrúas e o orzamento total que está reservado para esta intervención.

O Goberno local ten previsto arranxar, de urxencia, o pavimento da avenida de Salamanca, mediante a Brigada de Vías e Obras, para a renovación do enlousado, mentres está pendente a obra de reurbanización a fondo do barrio da Estila no seu conxunto para a humanización da zona e incrementar a accesibilidade.

Segundo a información publicada en prensa, barállanse tres modelos de enlousado para a avenida de Salamanca; un similar ao que se utilizou na reurbanización do viario Clara Campoamor, outro con formigón encintado como o que se empregou na remodelación das rúas Castrón Douro e Patio de Madres ou outra terceira posibilidade con asfalto puído como o do barrio dos Concheiros.

Deste xeito, o BNG trasladoulle unha pregunta ao Goberno local para coñecer cando vai manter a reunión coa veciñanza para expor e consultar o modelo de pavimentación, a partida orzamentaria prevista e se a actuación abarca tamén o enlousado das beirarrúas que se atopa nun estado de deterioración moi grave.

 

O BNG pregunta cando van arranxar o enlousado e as beirarrúas da avenida de Salamanca