EDIFICIOS MUNICIPAIS

O BNG pregunta pola recuperación do edificio de Odontoloxía

Quere saber se o equipo de Martiño Noriega realizou algunha xestión ao respecto

O BNG pregunta pola recuperación do edificio de Odontoloxía

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2017.- O grupo municipal do BNG realizoulle unha pregunta ao Goberno de Compostela Aberta para coñecer as previsións sobre os usos da actual Facultade de Odontoloxía e a data para a recuperación deste inmóbel.

O Consello da Xunta aprobou un convenio coa Universidade de Santiago o 22 de setembro de 2016 para a construción da nova facultade de Medicina e, nunha segunda fase, o hospital Gil Casares acollería máis dependencias da titulación de Medicina, así como a de Odontoloxía e a de Enfermería.

Por estes motivos, o BNG quere saber se o equipo de Martiño Noriega realizou algunha xestión ao respecto e as previsións temporais que manexa sobre a recuperación dese inmóbel e o cambio de uso.

O BNG pregunta pola recuperación do edificio de Odontoloxía