O BNG pregúntalle ao alcalde polos recentes residuos contaminantes no río Corgo e na súa contorna

O BNG pregúntalle ao alcalde polos recentes residuos contaminantes no río Corgo e na súa contorna

Rexistrou unha pregunta para coñecer se ten prevista algunha actuación para evitar o lixo esparexido despois do mercado de Salgueiriños

01

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2014.- O portavoz do grupo municipal do BNG de Santiago de Compostela, Rubén Cela, rexistrou unha pregunta dirixida ao alcalde para coñecer se ten previsto realizar algunha intervención dirixida a evitar residuos e verquidos de substancias contaminantes no río Corgo e nas súas inmediacións.

Nos últimos días, o grupo municipal do BNG recibiu diversas queixas de veciños e veciñas de Salgueiriños sobre o mal estado en que se atopa o río Corgo e a súa contorna. En concreto, indican que cada xoves, tralo mercado que ser realiza nas inmediacións, fica sen recoller debidamente unha cantidade importante de lixo de diferente tipoloxía, fundamentalmente bolsas de plástico e cartóns. Cando o vento vén do sur, unha parte importante dese lixo remata no río Corgo con consecuencias e deterioro da calidade da auga.

Por outra banda, advirten dunha falta de mantemento mínimo no propio leito do río e na súa contorna inmediata, inclusive o verquido de substancias contaminantes.

O BNG pregúntalle ao alcalde polos recentes residuos contaminantes no río Corgo e na súa contorna