O BNG pregúntalle ao Goberno de CA pola situación dos fotorroxos logo do fallo do Tribunal Supremo
Quere saber se vai desactivar este sistema instalado nos semáforos de Romero Donallo, Praza de España e Amor Ruibal
Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2016.- O grupo municipal do BNG rexistrou unha pregunta para coñecer se o Goberno local de Compostela Aberta estudou a sentenza do Tribunal Supremo que anula as multas tramitadas con fotorroxos, co obxectivo de saber se vai desactivar este sistema instalado nos semáforos de Romero Donallo, Praza de España e Amor Ruibal.
O BNG realizou esta pregunta sobre a situación legal do funcionamento deste mecanismo de seguridade viaria co fin de obter información sobre a aplicación concreta desta sentenza, tendo en conta que o Goberno local de Lugo adoptou a decisión de desactivar o fotorroxo situado na Ronda da Muralla.