PLENO

O BNG propón cambiar o sistema de premer nos botóns de semáforos e aparcadoiros para previr o coronavirus

BNG
BNG
Durante o período de confinamento desactiváranse para evitar o contacto de centos de persoas sen que existan medidas de desinfección inmediatas
O BNG propón cambiar o sistema de premer nos botóns de semáforos e aparcadoiros para previr o coronavirus

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2020.- O grupo municipal do BNG presentará unha iniciativa no Pleno para a anulación temporal do sistema de premer nos botóns de semáforos e aparcadoiros como medida preventiva de contaxio da covid-19.

Entre as medidas para reducir a propagación da pandemia do coronavirus está evitar o contacto con superficies en lugares de uso frecuente por persoas de orixe diversa e que non pertencen ao mesmo núcleo de convivencia.

Porén, os aparcadoiros públicos composteláns manteñen o sistema de premer para a obtención do tícket de entrada, co que centos de persoas deben tocar esa peza sen que existan medidas de desinfección inmediatas, o que podería converterse nun potencial foco de contaxio.

Do mesmo xeito, nos semáforos volveuse pór en funcionamento o sistema de cambio de cor cando peóns precisan cruzar mediante a presión do botón, que permanecera desactivado durante o período de confinamento como medida preventiva.

Deste xeito, o BNG proporá a anulación temporal do sistema de premer nos botóns de semáforos e aparcadoiros para reducir a propagación do coronavirus mentres exista risco elevado de contaxio.

O BNG propón cambiar o sistema de premer nos botóns de semáforos e aparcadoiros para previr o coronavirus