O BNG propón unha modificación na liña de autobús de San Marcos para dar servizo ao persoal da CRTVG

Goretti Sanmartin
Goretti Sanmartin

É necesaria tamén unha marquesiña e sinalizar a parada cun panel cos horarios das frecuencias

O BNG propón unha modificación na liña de autobús de San Marcos para dar servizo ao persoal da CRTVG

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2021.- A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, trasladará unha iniciativa ao Pleno de febreiro para a modificación no percorrido da liña do autobús e a instalación dunha marquesiña de grandes dimensións en San Marcos, que dea servizo ao persoal que traballa na CRTVG, ademais de sinalizar o lugar da parada e de instalar un panel informativo cos horarios.

O grupo municipal do BNG recibiu queixas sobre a necesidade de que os autobuses que pasan por San Marcos realicen unha modificación no seu percorrido para accederen ás instalacións da CRTVG, posto que son centos de traballadores/as os/as que utilizan a diario este servizo de transporte colectivo para ir e volver desde distintos puntos da cidade.

Outra das súas demandas é a instalación dunha marquesiña, de grandes dimensións, para poderen gorecerse da chuvia, do vento, do frío ou da calor segundo as condicións meteorolóxicas propias de cada estación do ano.

Ademais, fai falta sinalizar o lugar da parada e instalar un panel cos horarios das frecuencias do autobús.

Deste xeito, o Bloque Nacionalista Galego trasladará esta proposta ao Pleno de febreiro para mellorar a calidade do servizo de transporte público en Santiago de Compostela, tendo en conta que en San Marcos hai centos de persoas usuarias.

 

 

O BNG propón unha modificación na liña de autobús de San Marcos para dar servizo ao persoal da CRTVG