PLENO

O BNG propón recuperar a Casa da Parra para usos expositivos

casadaparra
Casa da Parra

Considera que non se debe perder este espazo cultural e deixar sen uso este edificio emblemático no corazón da Cidade Histórica

O BNG propón recuperar a Casa da Parra para usos expositivos

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2018.- O grupo municipal do BNG proporá no vindeiro Pleno realizar as xestións necesarias co Goberno do Estado español para a cesión de usos da Casa da Parra como espazo expositivo para o Concello de Santiago de Compostela. Isto pode servir para complementar os usos da Zona C e centralo en novas creadoras e creadores de Compostela que poderían expor nun dos puntos máis visitados de Galiza, como é a praza da Quintana.

Este inmóbel situado na zona superior da praza da Quintana foi deseñado no século XVII por Domingos de Andrade e reformado no século XX cando se engadiu un novo andar e a zona da balaustrada. Na actualidade, é propiedade da Tesouraría da Seguridade Social do Estado, aínda que estivo arrendada a diversas institucións como uso de oficinas gobernamentais, espazos culturais e salas expositivas.

En marzo de 2017 a Xunta deixou o alugueiro das salas destinadas a usos administrativos e en novembro dese ano declinou tamén as de carácter cultural, posto que non chegara a acordo co Goberno do Estado para continuar o arrendamento.

Deste xeito, o BNG de Santiago considera que non se debe perder este espazo cultural e deixar sen uso este edificio emblemático no corazón da Cidade Histórica, polo que trasladará a Pleno a proposta de retomar as negociacións para recuperar a súa actividade para a difusión artística.

O BNG propón recuperar a Casa da Parra para usos expositivos