PLENO

O BNG reclama a apertura da cafetaría do aeroporto de Santiago de Compostela – Rosalía de Castro

Reunión con persoal da cafetaría do aeroporto
Reunión con persoal da cafetaría do aeroporto
Este servizo non foi interrompido nos aeroportos de Peinador en Vigo nin de Alvedro na Coruña, mentres que o persoal de Santiago – Rosalía de Castro segue en situación de ERTE
O BNG reclama a apertura da cafetaría do aeroporto de Santiago de Compostela – Rosalía de Castro

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2021.-  A portavoz do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, mantivo unha reunión con delegadas de Persoal da cafetaría do aeroporto e do comité de empresa ante a falta de apertura deste servizo cando a terminal volve estar operativa.

Goretti Sanmartín comprometeuse a trasladar unha iniciativa ao vindeiro Pleno de cara a que o Concello de Santiago reclame da xerencia “a posta en funcionamento da cafetaría do aeroporto, que continúa pechada pese a que rematou o Estado de Alarma e se retomou o tráfico aéreo”. Este servizo non foi interrompido nos aeroportos de Peinador en Vigo nin de Alvedro na Coruña, mentres que 42 persoas de Santiago – Rosalía de Castro seguen en situación de ERTE.

O aeroporto compostelán experimenta unha recuperación do tráfico aéreo que alcanza xa unha afluencia do 40% en moitas xornadas con respecto ás mesmas datas previas á pandemia, cando é requirido desde AENA un mínimo dun 25% de pasaxeiros/as habituais para a posta en marcha das cafetarías.

Ademais, segundo trasladou o persoal durante a reunión son numerosos os pasaxeiros e pasaxeiras que reclaman este servizo de cafetaría que se segue a suplir con máquinas expendedoras cando xa debería estar aberto ao cumprir os mínimos de tráfico aeroportuario requiridos.

“Cómpre lembrar que o alcalde Sánchez Bugallo é o representante da FEGAMP no Comité de Coordinación Aeroportuaria de Galiza e non pode mirar para outro lado cando queremos que Santiago manteña un aeroporto con todos os servizos para as persoas usuarias nin tampouco na falta de incorporación aos seus postos de traballo de profesionais das empresas concesionarias que seguen en ERTE”, advertiu.

O BNG reclama a apertura da cafetaría do aeroporto de Santiago de Compostela – Rosalía de Castro