SEGURANZA VIARIA

O BNG reclama o arranxo urxente dun muro de contención na Ponte da Rocha

Ponte da Rocha
Ponte da Rocha
Ten unha cinta da Policía local desde hai semanas para advertir do perigo de desprendemento
O BNG reclama o arranxo urxente dun muro de contención na Ponte da Rocha

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2020.- O grupo municipal do BNG reclámalle ao Goberno local o arranxo do muro de protección da estrada da Ponte da Rocha, polo risco de desprendemento que entraña na actual situación.

Segundo trasladou a veciñanza ao BNG, este muro que se atopa cunha cinta da Policía local desde hai semanas para advertir da falta dun tramo, representa un punto de perigo para a seguranza viaria polo desnivel que hai da outra beira da estrada.

Ademais, cando se proceda ao seu arranxo é necesario revisar o seu estado nesa zona para a consolidación das pezas que o compoñen, xa que están mal asentadas e non realizan a súa función de contención en caso de que un vehículo colisione.

Deste xeito, o BNG demándalle ao Goberno local a contratación de urxencia da obra para amañar este muro na Ponte da Rocha co obxectivo de evitar novos desprendementos e problemas de seguranza viaria.

O BNG reclama o arranxo urxente dun muro de contención na Ponte da Rocha