PLENO

O BNG considera urxente que todos os grupos políticos tomen a decisión de retirar o nome da avenida Juan Carlos I

Cazolada ás 21:00 desde as casas
Cazolada ás 21:00 desde as casas
Esta denominación vinculada á corrupción ensucia o rueiro compostelán e prexudica a imaxe da cidade
O BNG considera urxente que todos os grupos políticos tomen a decisión de retirar o nome da avenida Juan Carlos I

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2020.- O grupo municipal do BNG, tras o anuncio do Rei Emérito Juan Carlos I de trasladarse fóra de España por mor da investigación aberta pola Fiscalía por presunta corrupción, volverá reclamar no Pleno de setembro o cambio de nome da avenida que leva o seu nome en Santiago de Compostela, posto que ensucia o rueiro compostelán e prexudica a imaxe da cidade. O BNG convoca unha cazolada este martes ás 21:00 nas xanelas das casas contra esta fuxida da monarquía e para reclamar que dea contas ante a Xustiza.

Considera urxente que todos os grupos políticos tomen a decisión de retirar o nome da avenida Juan Carlos I, que o BNG xa propuxo no Pleno de xuño mais que foi rexeitada cos votos de PP e PSOE. Para o BNG resulta escandalosa esta fuxida do Rei Emérito, como unha negociación pactada, que se enmarca no contexto de corrupción que significa esta monarquía. Agarda que agora haxa un pronunciamento unánime ante este novo acontecemento e o repudio que suscita até para a propia Casa Real, que xa lle retirou a asignación e renunciou á súa herdanza.

O BNG, xunto con outros grupos políticos, solicitou en cinco ocasións constituír unha Comisión de Investigación que foi sistematicamente rexeitada pola Mesa do Congreso pese aos indicios da Fiscalía sobre o cobro de comisións ilegais que se suman a outros supostos delitos producidos con anterioridade mentres era Xefe do Estado e tiña inviolabilidade por mor dese cargo.

Este acontecemento desacredita aínda máis unha institución como a monarquía que é anacrónica, ademais de carecer de lexitimidade democrática posto que foi o ditador Francisco Franco quen nomeou Juan Carlos de Borbón como sucesor a título de Rei e que apelou á lexitimidade de xullo de 1936 na coroación diante das Cortes franquistas.

 

O BNG considera urxente que todos os grupos políticos tomen a decisión de retirar o nome da avenida Juan Carlos I