PLENO

O BNG reclama a colocación dunha pedra ornamental na fonte da Selva Negra que está depositada no chan

Fonte da Selva Negra
Fonte da Selva Negra

O espazo atópase nun estado de abandono con vexetación que cobre a súa superficie a pesar de ser un lugar concorrido

O BNG reclama a colocación dunha pedra ornamental na fonte da Selva Negra que está depositada no chan

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2019.- O grupo municipal do BNG traslada ao Pleno unha iniciativa para a colocación da pedra ornamental da fonte da Selva Negra no seu lugar orixinal, ademais dos labores de mantemento e roza de vexetación que lle corresponden a este ben do patrimonio municipal.

A fonte da Selva Negra, que pode datar do século XVIII e aparece recollida en literatura do XIX, está na actualidade nun estado de abandono con vexetación que cobre a súa superficie de pedra e unha das pezas ornamentais está tirada sobre o solo deste conxunto arquitectónico.

Este lugar é frecuentado por moitas persoas que realizan paseos polo parque e atopan sombra, auga e un lugar de descanso nos bancos construídos diante desta fonte. Por estes motivos, o BNG considera que o Goberno municipal debe manter este patrimonio en boas condicións e restituír ao emprazamento orixinal a pedra da fonte.

O BNG reclama a colocación dunha pedra ornamental na fonte da Selva Negra que está depositada no chan