PLENO

O BNG reclama que se manteña unha alternativa de aloxamento para as persoas vulnerábeis que dormen na rúa

BNG
BNG

Esta medida é necesaria para manter o control epidemiolóxico e a súa saúde

O BNG reclama que se manteña unha alternativa de aloxamento para as persoas vulnerábeis que dormen na rúa

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2020.- O grupo municipal do BNG reclama que os gobernos local e galego ofrezan unha alternativa de aloxamento ás persoas en risco de vulnerabilidade que dormen na rúa en Santiago de Compostela, nunha situación que se agrava durante a actual fase de seguimento sanitario da covid-19.

No período de confinamento por mor da pandemia da covid-19, o Goberno local encargouse de facilitar un espazo ás persoas que atravesan dificultades sociais e económicas e se ven na obriga de durmiren na rúa. En concreto, hai puntos da cidade como a estación de autobuses, a dársena de Xoán XXIII e determinados caixeiros de bancos que son utilizados por persoas que non dispoñen de vivenda por falta de recursos.

Deste xeito, o BNG realizará un rogo no vindeiro Pleno municipal para demandar que se emprendan as xestións necesarias por parte do Goberno local para dotar dunha alternativa de aloxamento e medidas hixiénico-sanitarias para estas persoas con especial vulnerabilidade que residen en Santiago de Compostela, tendo en conta a necesidade de manter o control epidemiolóxico do coronavirus e a súa saúde.

O BNG reclama que se manteña unha alternativa de aloxamento para as persoas vulnerábeis que dormen na rúa