PLENO

O BNG reclama medidas para evitar asolagamentos na zona de Suarribas, en Conxo

bng
bng

Cando se desborda do río é frecuente que se inunden os baixos das vivendas

O BNG reclama medidas para evitar asolagamentos na zona de Suarribas, en Conxo

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2023.- O BNG trasladará ao Pleno unha iniciativa para que o Goberno local adopte as medidas oportunas para evitar os asolagamentos en Suarribas, na parroquia de Conxo.

Na zona da Ponte de Suarribas son frecuentes os asolagamentos cando chove con intensidade, o que provoca que a auga inunde as vivendas próximas. O último destes episodios foi o 20 de decembro de 2022 en que solicitaron a intervención de Viaqua para retirar polas de árbores que obstaculizaban o tránsito fluído da escorrentía, posto que os efectivos municipais estaban traballando noutras actuacións de urxencia derivadas do temporal deses días.

Deste xeito, un dos veciños afectados trasladou a Viaqua a proposta de instalar un sistema tipo reixa na Ponte Pereda coa intención de que os arrastres de polas e troncos non cheguen a Suarribas. Ao tratarse dunha zona de afección de Augas de Galicia, dependente da Xunta, debe ser unha intervención que siga as instrucións do organismo de cunca.

Así, BNG trasladará ao Pleno que o Goberno local proceda a adoptar as medidas oportunas, en colaboración cos organismos correspondentes, para evitar os asolagamentos en Suarribas.

O BNG reclama medidas para evitar asolagamentos na zona de Suarribas, en Conxo