AUTOESTRADA

O BNG reclama medidas para evitar a contaminación acústica da autoestrada AP-9 en Compostela

No proxecto de ampliación figuran plans contra o ruído que non se aplicaron

O BNG reclama medidas para evitar a contaminación acústica da autoestrada AP-9 en Compostela

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2017.- O grupo municipal do BNG demándalle ao alcalde que realice as xestións necesarias para reclamar medidas destinadas a evitar o ruído da AP-9 ao seu paso por Angrois.

No propio proxecto de ampliación de capacidade da autoestrada AP-9 no tramos Santiago norte-sur recóllese que “dado que se produce un acurtamento entre a fonte de ruído e o receptor debido á presenza de vivendas nas proximidades do trazado se adaptarán os mapas acústicos da AP-9 e se aplicarán plans de acción en materia de protección fronte á contaminación acústica”.

O BNG recibiu queixas da veciñanza da zona polo estrondo das máquinas que traballan nas obras, ademais do tránsito de vehículos, e mesmo chegan a recoñecer que o ruído da autoestrada supera ao do paso do tren, que xa non perciben.

Reclaman ademais a construción de vías de acceso agrícola, xa que foron suprimidos tres viadutos que permitían o paso ás leiras dunha e doutra beira da autoestrada. Para o BNG, non se pode permitir que o paso dunha infraestrutura acabe coa produción agraria nesta zona de Santiago de Compostela.

O BNG reclama medidas para evitar a contaminación acústica da autoestrada AP-9 en Compostela