PLENO

O BNG reclama obras de seguranza viaria para mellorar os accesos do CEIP Quiroga Palacios

bng
bng
Goretti Sanmartín pide que o concelleiro se reúna coa comunidade educativa para estudar a construción dunha pasarela para que o alumnado non se molle cando vai ao pavillón deportivo
O BNG reclama obras de seguranza viaria para mellorar os accesos do CEIP Quiroga Palacios

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2020.- O BNG reclámalle ao concelleiro de Educación que realice as xestións necesarias para acondicionar as inmediacións do CEIP Quiroga Palacios, para acometer as obras de seguranza viaria da contorna e ademais se reúna coa comunidade educativa para estudar a construción dunha pasarela para que o alumnado non se molle cando vai ao pavillón deportivo.

O BNG púxose en contacto coa ANPA  do CEIP Quiroga Palacios logo de que advertise de que nenos e nenas acoden ao colexio pola rúa Monte de Conxo por un acceso inseguro, debido ao estado lamentábel con casas en ruínas, por unha vía chea de sucidade e na que aparecen ratas e cans soltos. Á parte deste problema diario tamén se engade a falta de seguranza viaria da contorna xa que non hai beirarrúas nin pasos de peóns.

Por outra parte, as nenas e os nenos deste centro tamén fan a diario un percorrido entre o colexio ou comedor ao pavillón onde acoden a facer as actividades deportivas. Os  días de choiva as crianzas móllanse posto que o traxecto non está cuberto polo que reclaman a construción dunha pasarela para gorecerse das inclemencias meteorolóxicas durante o curso escolar.

 

O BNG reclama obras de seguranza viaria para mellorar os accesos do CEIP Quiroga Palacios