PLENO

O BNG reclama que se axilicen as xestións para que o Racing San Lourenzo poida usar as instalacións para adestrar

Navia Rivas
Navia Rivas
Preguntará no Pleno cal é a previsión para solucionar este conflito
O BNG reclama que se axilicen as xestións para que o Racing San Lourenzo poida usar as instalacións para adestrar

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2022.- O BNG reclamará no Pleno que se retome o convenio para a cesión de uso do polideportivo da USC para clubles como o Racing San Lourenzo e preguntará cal é a previsión para darlle solución ao conflito xerado pola falta de instalacións.

O Racing San Lourenzo leva desde xaneiro de 2022 sen poder adestrar no campo poliderportivo da USC porque o Goberno local do PSOE non renovou o convenio de uso entre o Concello e a Universidade, o que está a causar un grave prexuízo para este equipo.

Cómpre lembrar que este polideportivo foi arranxado mediante un convenio entre o Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, a USC e a Federación Galega de Fútbol, que incluía a cesión de uso das instalacións para a comunidade universitaria e para clubes federados cun horario compatíbel.

Deste xeito, o BNG trasladará unha iniciativa ao Pleno para retomar este convenio, coñecer os motivos do atraso en renovalo para poder continuar coa cesión de uso estabelecida e cal é a previsión para darlle solución ao conflito xerado pola falta de instalacións que afectan, entre outros, ao Racing San Lourenzo.

 

 

O BNG reclama que se axilicen as xestións para que o Racing San Lourenzo poida usar as instalacións para adestrar