O BNG reclámalle ao alcalde que arranxe a praza de San Clemente

O BNG reclámalle ao alcalde que arranxe a praza de San Clemente

As escaleiras e bolardos rotos supoñen un problema de seguridade para persoas e vehículos que transitan por este espazo público

san.clemente.06

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2015.- O grupo municipal do BNG reclámalle ao alcalde de Santiago que efectúe as obras necesarias para a reparación da praza de San Clemente, que presenta un mal estado de conservación con escaleiras e bolardos rotos que mesmo supoñen un perigo para persoas e vehículos que transitan pola zona.

En 2011 realizouse a reforma da praza de San Clemente, unha obra impulsada polo BNG dende a Concellería de Casco Histórico que dirixía Olga Pedreira. Recentemente, esta actuación foi destacada cunha Mención de Honor no premio europeo Gubbio 2015.

Dado o mal estado de conservación en que se atopa esta praza, o BNG requírelle ao Goberno de Martiño Noriega que vele polo seu mantemento e arranxe, de urxencia, tanto as escaleiras como os bolardos, co fin de evitar posíbeis accidentes de seguridade viaria e de manter en bo estado este emprazamento.

Máis imaxes nesta galería

O BNG reclámalle ao alcalde que arranxe a praza de San Clemente