O BNG reclámalle ao Goberno local un esforzo para arranxar rúas e beirarrúas deterioradas

O BNG reclámalle ao Goberno local un esforzo para arranxar rúas e beirarrúas deterioradas

Na rúa da Ponte Marzán e na rúa da Cacharela, cun deficiente estado de conservación, despréndese o pedrullo das obras mal acabadas

rua.da.cacharela.p

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2015.- O grupo municipal do BNG, logo de atender múltiples demandas veciñais, requírelle ao Goberno local que realice un esforzo para arranxar rúas e beirarrúas con fochancas en diversos lugares de Santiago de Compostela que supoñen un potencial perigo de seguridade viaria polo mal estado en que se atopan.

En concreto, as últimas queixas recibidas esta semana fan referencia ao mal estado da rúa Ponte Marzán e da rúa da Cacharela, en pésimo estado de conservación por falta de mantemento nos últimos anos, ao que se une o deterioro causado por obras mal acabadas que fan que se desprenda grava e pedrullo.

rua.da.ponte.marzanO viario estragado en Santiago de Compostela, tanto nas zonas urbanas como nas rurais, é o resultado de catro anos de falta absoluta de mantemento que cómpre reparar de urxencia antes da chegada do inverno co obxectivo de facilitar o desenvolvemento dos labores que se requiren.

Para o BNG, máis alá das obras de pavimentación que se realicen para contribuír a reparar as fochancas de xeito puntual, precísase dun plan de conservación e de mantemento constante do que careceu Santiago de Compostela nos últimos anos.

O BNG reclámalle ao Goberno local un esforzo para arranxar rúas e beirarrúas deterioradas