O BNG require melloras nas obras da Almáciga para cumprir a accesibilidade e a retirada de valados

O BNG require melloras nas obras da Almáciga para cumprir a accesibilidade e a retirada de valados

Rubén Cela e Goretti Sanmartín visitaron esta actuación ante as queixas da veciñanza

almaciga01

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2015.- Membros do BNG visitaron as obras da Almáciga ante as queixas da veciñanza da zona que está desconforme coa evolución desta actuación. Inciden na falta de rebaixes nas beirarrúas, na presenza de bolardos, na pequena parada de autobús, na falta de alumeado e na permanencia do valado e das casetas de obra en desuso que ocupan espazo de tránsito de persoas e de vehículos e inutilizan un paso de peóns.

Para Rubén Cela, cómpre “unha maior planificación e información das obras que se realizan na cidade para evitar que sexa a veciñanza quen reclame que se adapte a accesibilidade, a ocupación de espazos e a limpeza nas actuacións públicas”.

almaciga02Neste caso, cuestionaron a instalación de bolardos de tal xeito que os vehículos van aparcar en zona de carga e descarga enriba da beirarrúa, a falta de alumeado nocturno no xardín ou a dispoñibilidade de espazo para un único bus na parada de transporte público. Así, Rubén Cela requiriulle ao alcalde “que escoite as demandas da veciñanza para evitar demorar a obra e perder a oportunidade de facer ben as cousas á primeira”.

O BNG require melloras nas obras da Almáciga para cumprir a accesibilidade e a retirada de valados