O BNG require que se planten exemplares para substituír as árbores centenarias cortadas na alameda

O BNG require que se planten exemplares para substituír as árbores centenarias cortadas na alameda

É necesario poñer novos carballos para evitar a perda de calidade desta área ambiental importante para o lecer no centro da cidade

arbore01

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2015.- O grupo municipal do BNG requírelle ao alcalde de Santiago que repoña os exemplares necesarios para substituír as árbores centenarias cortadas e caídas no último ano na alameda.

Nesta alameda cortáronse recentemente diversos carballos centenarios, quedando os pés destas árbores sobresaíndo do chan a unha certa altura, que se suman a outras perdas que puideron caer por mor das obras da cafetaría.

Cómpre repoñer estes exemplares por outros novos co fin de que este espazo siga a manter a súa natureza vizosa, xa que hai inventariados arredor de 1.500 árbores e arbustos nesta alameda que, no seu conxunto, constitúe unha área ambiental importante para o lecer no centro da cidade.

O BNG require que se planten exemplares para substituír as árbores centenarias cortadas na alameda