O BNG requírelle ao alcalde de Santiago que redacte un bando coa declaración do Día da Patria Galega
Fai un chamado a pendurar bandeiras galegas en fiestras, galerías e balcóns
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2014.- O Bloque Nacionalista Galego requírelle ao alcalde de Santiago de Compostela que redacte un bando coa declaración do 25 de xullo como Día da Patria Galega.
Considera o BNG que Santiago de Compostela ten que ser eixe das reivindicacións de identidade nacional o 25 de xullo, xa que é a cidade onde se congregan milleiros de persoas na manifestación que percorre as rúas da capital de Galiza.
Así, o BNG anima a participar na campaña de promoción do Día da Patria coa distribución de bandeiras para colocar nas fiestras, nas galerías e nos balcóns da cidade de Santiago de Compostela.
Ademais, como cada ano, o BNG fai un chamamento á cidadanía de Santiago para que asista á manifestación do Día da Patria, que este ano terá carácter unitario co lema A nación galega, ademais da campaña nacional propia do BNG Avante por Galiza, soberanía e democracia. Esta mobilización sairá o 25 de xullo ás 12:00 da alameda de Santiago de Compostela.