SEGURIDADE
O BNG rexeita os actos vandálicos acontecidos de madrugada en Compostela
Lamenta o intento de provocar deterioros en Montepío e en diversos caixeiros da zona nova
17 out. 2017 - 14:54
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2017.- O portavoz do grupo municipal do BNG de Santiago, Rubén Cela, amosou “o rexeitamento aos actos de vandalismo producidos esta madrugada en Compostela”.
O BNG lamenta, deste xeito, o intento de provocar deterioros en Montepío e en diversos caixeiros da zona nova, na noite do luns para o martes, e que no caso de Montepío o obxecto guindado impactou contra o muro sen que se ocasionasen danos, segundo a información que trasladou a Alcaldía.