O BNG transmítelle o apoio ao persoal do 061 e do 112 para evitar o seu traslado
A Xunta pretende a deslocalización forzosa de 330 profesionais a un edificio da Axencia Galega de Emerxencias da Estrada
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2015.- O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, participou na concentración do persoal da Central de Coordinación do 061 e do Servizo de Emerxencias do 112 en Santiago de Compostela, convocada para evitar o seu traslado forzoso a un edificio da Axencia Galega de Emerxencias da Estrada.
Rubén Cela lembrou que o BNG levou ao Pleno unha iniciativa para apoiar estas reivindicacións de profesionais do 112 e do 061 para permaneceren en Santiago de Compostela e considera que o traslado que pretende a Xunta é un cambio arbitrario, forzoso e carente de lóxica, pola perda da centralidade e de operatividade.