PLENO
O BNG traslada ao Pleno o arranxo das escaleiras da rúa da Torreira
Recibiu queixas da veciñanza do Romaño do total abandono deste paso de acceso que se volve intransitábel cando chove
Santiago de Compostela, 10 de maio de 2017.- O grupo municipal do BNG reclama o acondicionamento das escaleiras da rúa da Torreira, tal como demanda a veciñanza do Romaño, posto que se atopan nun estado lamentábel e de total abandono.
O BNG trasladará esta petición ao vindeiro Pleno, “para que se eliminen as herbas, lixo, verdín e musgo das escaleiras, xa que nos días de choiva se volven intransitábeis ao provocar que a xente esvare”, recolle o texto da iniciativa.
Reclama tamén que se elimine a maleza do espazo verde próximo, “que precisa dunha actuación de desbroce e poderíase converter nunha área de descanso”. Conta cun hórreo público rehabilitado hai uns anos que necesita dunha actuación de mantemento.