ENSINO

O BNG urxe un cambio de rumbo na política social e educativa para coordinar os prazos de solicitude das bolsas de comedor, material escolar e extraescolares

Goretti Sanmartín
Goretti Sanmartín

Goretti Sanmartín comprométese a facilitar os trámites escolares das familias no próximo goberno municipal do BNG

O BNG urxe un cambio de rumbo na política social e educativa para coordinar os prazos de solicitude das bolsas de comedor, material escolar e extraescolares

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2023.- O BNG recibiu queixas da falta de coordinación do prazo de solicitudes dos comedores escolares e de matrícula nos centros de ensino. “Urxe un cambio de rumbo na política educativa para facilitarlles ás familias os trámites e os prazos das convocatorias, este será un compromiso na acción do próximo goberno municipal do BNG”, afirma Goretti Sanmartín, portavoz municipal.

Isto ocasiona que as familias teñen aberto o prazo para solicitar comedor escolar mais aínda non teñen asignadas as prazas por unha falta de planificación do Goberno local.

“Esta é unha evidencia do mal funcionamento da política social do PSOE que, logo de reclamar que axilizase o prazo da convocatoria de comedores escolares con respecto a anos anteriores en que se publicaban moi tarde, adiántao tanto que nin sequera se coordina cos prazos de solicitude de matrícula, de maneira que hai milleiros de familias afectadas por non saberen en que centro cursar a solicitude, pois non puideron solicitar a bolsa por canto nese momento aínda non tiña feita a reserva de praza en ningún centro”, indicou.

Para o BNG, este xeito de proceder é unha irresponsabilidade cara as familias que non poden dispoñer das axudas polos prazos marcados a estas bolsas sociais.

En canto aos prazos, do 1 ao 20 de marzo é o prazo de solicitude de matrícula para os centros de ensino de infantil e primaria, cando o das bolsas de comedores foi do 23 de febreiro ao 9 de marzo para o curso 2023-2024.

 

O BNG urxe un cambio de rumbo na política social e educativa para coordinar os prazos de solicitude das bolsas de comedor, material escolar e extraescolares