ENSINO E MOBILIDADE

O BNG reclama unha campaña de sensibilización para a reordenación do tráfico nos horarios de entradas e saídas escolares

Tráfico
Tráfico

Lembra que os centros escolares teñen concertado un tempo para a utilización de aparcadoiros próximos de xeito gratuíto

O BNG reclama unha campaña de sensibilización para a reordenación do tráfico nos horarios de entradas e saídas escolares

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2023.- O BNG trasladará unha iniciativa ao Pleno para que o Goberno local desenvolva unha campaña de reordenación do tráfico en horarios de entrada e saída de centros escolares, para permitir que as persoas que van a pé poidan ir polas beirarrúas e cruzar nos pasos de peóns de xeito seguro.

O BNG recibiu queixas da veciñanza da zona de Escultor Asorey e da rúa de Arzúa, na Almáciga, por mor da situación de vehículos que impiden a diario o tránsito peonil cando aparcan os coches na rúa de Tras de Santa Clara sen que exista control por parte da Policía local.

Para corrixir esta situación, o BNG propón realizar unha campaña de sensibilización entre a comunidade escolar dos centros de ensino para informar sobre a necesidade de cumprimento sobre normas básicas de estacionamento, para poder conformar espazos seguros para as persoas que van a pé, ademais de lembrar que os centros escolares teñen concertado un tempo para a utilización de aparcadoiros próximos de xeito gratuíto.

 

 

O BNG reclama unha campaña de sensibilización para a reordenación do tráfico nos horarios de entradas e saídas escolares