PLENO

O BNG urxe á rehabilitación da Casa das Máquinas de Galeras para evitar desprendementos

Incluíuse unha partida na aplicación dos remanentes de tesourería para este proxecto e as obras de conservación non comezaron

O BNG urxe á rehabilitación da Casa das Máquinas de Galeras para evitar desprendementos

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2016.- O grupo municipal do BNG traslada a Pleno unha moción para axilizar os traballos de rehabilitación na Casa das Máquinas e evitar desprendementos, xa que que se incluíu unha partida na aplicación dos remanentes de tesourería, existe risco de derrubo e as obras de urxencia para a súa conservación non comezaron.

O Pleno aprobou en 2015 unha iniciativa do BNG para a rehabilitación da coñecida como Casa das Máquinas de Galeras, un dos exemplos de arquitectura industrial de Compostela que actualmente se atopa nun estado de conservación ruinoso e mesmo hai unha beirarrúa cortada ao tránsito dende hai meses por perigo de derrubo do edificio, para a converter un espazo público, aberto e participativo, que combine os usos multifuncionais que require a asociación veciñal coa recuperación da memoria histórica local, a creación artística e o labor sociocultural.

Na última distribución dos remanentes de crédito incluíuse unha partida de 100.000 euros, no relativo a investimentos financeiramente sostíbeis no capítulo “Espazos cidadáns, dereito á vivenda e mobilidade”, para a fase I da rehabilitación da Casa das Máquinas. Cómpre lembrar que xa en 2015 se aprobou na Comisión Asesora de Patrimonio Histórico un proxecto de rehabilitación da “Casa das Máquinas” por 348.000 euros, cun prazo de execución de 6 meses.

Por estes motivos, o grupo municipal do BNG traslada ao Pleno unha iniciativa co fin e axilizar as obras de rehabilitación da Casa das Máquinas para evitar o potencial perigo de derrubamento da cuberta do inmóbel.

O BNG urxe á rehabilitación da Casa das Máquinas de Galeras para evitar desprendementos