CAMPAÑA ELECTORAL

O “Efecto Pontón” chega este xoves a Santiago de Compostela

Central1
Central1

Xurxo Souto, Jasper e Navia Rivas animarán o mitin ás 20:30 na praza de Cervantes

O “Efecto Pontón” chega este xoves a Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2016.- O “Efecto Pontón” chega este xoves a Santiago de Compostela co mitin central previsto para as 20:30 na praza de Cervantes. Ademais da participación de artistas como Xurxo Souto, Jasper e Navia Rivas; intervirán a candidata nacionalista á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, Xosé Luís Rivas “Mini”, Elvira Souto e Rubén Cela.

“Un Tempo Novo” é o lema da campaña que recalará en Santiago de Compostela, logo de percorrer vilas e cidades do país, para presentar o programa de Goberno da Xunta que defende o BNG, con medidas fundamentais para a creación de emprego e a xustiza social e coa defensa dos intereses de Galiza como prioridade.

Nesta campaña, o BNG conta cunha carpa informativa coa que se achega a diversos puntos do centro urbano e do rural compostelán, ademais de facer repartos polas rúas, comercios e centros de traballo, mitins de barrio e encontros sectoriais. En total, ten organizadas máis de 40 actividades de difusión programadas que rematarán o venres 23 de setembro cun mitin-festa nas Fontiñas.

O “Efecto Pontón” chega este xoves a Santiago de Compostela