PLENO

O BNG vota a favor da municipalización da ORA e do guindastre, coa idea de salvagardar os postos de traballo e de avanzar na gratuidade

Expresa así o seu convencemento ideolóxico a favor dos servizos públicos

O BNG vota a favor da municipalización da ORA e do guindastre, coa idea de salvagardar os postos de traballo e de avanzar na gratuidade

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2018.- O grupo municipal do BNG votou a favor de asumir a xestión directa da ORA e do guindastre, logo de que CA aceptase a emenda ‘in voce’ de tipo transaccional por motivos técnicos, co que se logrou a aprobación definitiva da municipalización. Entre os argumentos para a toma desta decisión, Rubén Cela destacou o mantemento dos 50 postos de traballo do persoal que presta este servizo e o convencemento ideolóxico a favor dos servizos públicos.

A emenda do BNG recolle que “é materialmente imposíbel que a empresa municipal TUSSA se poña a prestar o servizo de xestión da ORA e o guindastre municipal, inmediatamente despois da eventual aprobación no Pleno deste punto e do modificativo de crédito, por non ter nese intre liquidado o anterior contrato e posto a súa disposición os medios materiais para a prestación de dito servizo, que deberían ser o resultado da reversión dos mesmos ao Concello e posterior adscrición á empresa municipal TUSSA”. Por este motivo, incluíu o seguinte texto: “este acordo está condicionado á aprobación definitiva do expediente modificativo de crédito así como a materialización efectiva do encargo de xestión á empresa TUSSA, unha vez se proceda á recuperación da maquinaria polo Concello que logo se deberá pór a disposición da empresa empresa municipal TUSSA".

Cómpre ter en conta que CA levou esta proposta de acordo ao Pleno para a aprobación definitiva da municipalización da ORA e do guindastre sen ter o Concello parcela para os coches retirados, sen ter aínda liquidado o contrato e sen aclarar de quen son propiedade os parquímetros, cando o secretario entende que son da empresa e o Goberno local que son do Concello de Santiago.

Rubén Cela, na súa intervención, cuestionou tamén que o Goberno de Compostela Aberta non lle requirise á empresa o canon fixo e variábel durante 2016, 2017 e 2018 e que fixese 9 prórrogas logo de que unha sentenza xudicial anulase o contrato con Setex Aparki.

O BNG vota a favor da municipalización da ORA e do guindastre, coa idea de salvagardar os postos de traballo e de avanzar na gratuidade