CULTURA

O BNG considera desproporcionada a actuación das forzas de seguridade no desaloxo do CSOA Escarnio e Maldizer

A obra de tapiado con bloques de cemento neste edificio catalogado non pasou pola Comisión Asesora de Patrimonio

O BNG considera desproporcionada a actuación das forzas de seguridade no desaloxo do CSOA Escarnio e Maldizer

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2017.- O BNG de Santiago considera desproporcionada a actuación das forzas de seguridade producida durante o desaloxo do CSOA Escarnio e Maldizer, instalado dende hai tres anos no antigo local de Cantigas e Agarimos, na Algalia de Arriba, ante necesidade dun centro sociocultural para dinamizar a actividade na Cidade Histórica.

Deste xeito, o BNG reclama o uso público do local de Cantigas e Agarimos que, dende 2011, quedara sen utilizarse pese á necesidade dun espazo para organizar actividades socioculturais nesta área.

No relativo ao tapiado do inmóbel, o BNG non comparte este xeito de proceder para inutilizar este espazo en troques de lle buscar un uso público, e cuestiona a utilización de material de bloques de cemento nun inmóbel catalogado nesta obra sen a pertinente autorización, xa que non pasou pola Comisión Asesora de Patrimonio.

O BNG considera desproporcionada a actuación das forzas de seguridade no desaloxo do CSOA Escarnio e Maldizer