28M
Fernando Lacaci
Presentámosvos ás persoas que integran a candidatura do BNG de Santiago de Compostela ás eleccións municipais de 2023
15. Fernando Lacaci
Naceu en Lugo, pero chegou á Compostela de 1980 aos 18 anos. Como tantas outras persoas daquela, veu para estudar e ficou para vivir nunha cidade que sempre foi a súa, dende o primeiro día. Traballa como funcionario na Xunta de Galiza; ten aquí a súa familia, que son a súa filla e o seu fillo; e leva máis de corenta anos participando da vida desta cidade, os últimos catorce deles vinculado ao mundo das asociacións de nais e pais do alumnado de centros públicos, onde ocupou diferentes postos até chegar á situación actual, presidindo a Confederación ANPAS Galegas, un espazo de defensa do Ensino Público Galego que contribuíu a crear e a desenvolver.