PLENO

Goretti Sanmartín: “Non se pode permitir a autorización dun novo vertedoiro en Marrozos”

Reunión de Goretti Sanmartín coa Plataforma "Corexo libre de residuos"
Reunión de Goretti Sanmartín coa Plataforma "Corexo libre de residuos"
A portavoz do BNG reuniuse co colectivo veciñal que se opón á instalación dun vertedoiro de residuos da construción en Corexo, Marrozos, nun espazo de protección agropecuaria
Goretti Sanmartín: “Non se pode permitir a autorización dun novo vertedoiro en Marrozos”

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2020.- O grupo municipal do BNG trasladará ao vindeiro Pleno unha iniciativa para frear a autorización dun novo vertedoiro de residuos da construción en Santiago de Compostela. Goretti Sanmartín mantivo un encontro coa veciñanza de Marrozos afectada por esta instalación.

A portavoz do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, manifestou “o total apoio do BNG á veciñanza de Marrozos afectada por este proxecto para instalar unha planta de transferencia de residuos da construción en Corexo”.

Durante a reunión, anunciaron que van constituír a plataforma ambiental “Corexo libre de residuos” e que están nun proceso de recollida de sinaturas co obxectivo de concienciar sobre o dano que pode causar este vertedoiro ao estar nunha zona de protección agropecuaria como consta no PXOM.

A superficie da parcela onde pretenden construír a planta de transferencia é de 23.000 m2 nun núcleo de poboación onde hai máis de 50 vivendas que se poden ver afectadas pola contaminación que xera este tipo de negocios. Ademais, a nova plataforma xa conta co apoio da asociación veciñal de Marrozos, tamén afectada por esta instalación.

Deste xeito, o BNG trasladará as demandas veciñais desta plataforma ao Pleno de setembro para o que agarda contar co apoio de todos os grupos municipais do Concello de Santiago de Compostela.

Goretti Sanmartín: “Non se pode permitir a autorización dun novo vertedoiro en Marrozos”