ENSINO
Goretti Sanmartín traslada unha moción para demandar máis profesorado no colexio de Roxos
A comunidade emprendeu mobilizacións ante o incumprimento da Xunta
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2018.- A portavoz do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín Rei, presentou unha moción para trasladarlle á Xunta a demanda da comunidade educativa do CEIP de Roxos para asignar máis profesorado co fin de poder desenvolver o proxecto educativo deste centro.
A asociación de nais e pais do Centro de ensino de infantil e primaria de Roxos emprendeu mobilizacións co obxectivo de reclamar máis profesorado por mor da masificación dunha das aulas, que conta con 27 escolares e varios casos de necesidades educativas especiais.
Co fin de que dispor dunha escola inclusiva e de calidade consideran necesaria dotala dos recursos humanos e materiais necesarios para atender de xeito acaído as crianzas con diversidades funcionais coa pretensión de favorecer a súa integración na aula para que isto sexa enriquecedor para o alumnado no seu conxunto.