ELECCIÓNS

Goretti Sanmartín, valoración do 28A: “Estamos nunha época de remontada, de esperanza e de enerxía para o BNG, que ten equipo e capacidade demostrada para liderar unha alternativa en Santiago”

BNG
BNG

O BNG duplicou os votos recibidos nas anteriores Eleccións Xerais de 2016

Goretti Sanmartín, valoración do 28A: “Estamos nunha época de remontada, de esperanza e de enerxía para o BNG, que ten equipo e capacidade demostrada para liderar unha alternativa en Santiago”

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2019.- A  candidata do BNG á Alcaldía de Santiago, Goretti Sanmartín, realizou unha valoración dos resultados electorais do 28A “para agradecer a todas as persoas que optaron por coller a papeleta do BNG nestas Eleccións Xerais, por confiar en nós, na nosa alternativa”. Ademais quixo trasladar “unha mensaxe de optimismo e moitísima confianza de cara ás próximas eleccións municipais porque neste caso Santiago de Compostela foi a cidade do conxunto do país con mellor porcentaxe, próxima ao 9% de voto ao BNG, onde duplicamos os votos recibidos nas anteriores Eleccións Xerais de 2016”.

O BNG consolídase como referencia política para unha parte moi importante da poboación “que durante a campaña nos trasladou que este apoio era o que significa o proxecto do BNG”, explicou.

“Como o habitual é que o BNG reciba máis apoio nunhas municipais que nunhas xerais, pensamos que imos incrementar este apoio e imos traballar a partir de hoxe mesmo xa nesa mensaxe de comunicar as nosas propostas, de falar con todo o asociacionismo para que a xente vexa que estamos nunha época de remontada, de esperanza e de enerxía para o BNG, que ten equipo e capacidade demostrada para liderar unha alternativa en Santiago de Compostela; imos a partir de agora facer un traballo moi intensivo de cara a conseguir os mellores resultados nas eleccións de 26 de maio de 2019.

O BNG tivo 5.277 votos e un 8,81% segundo os datos provisionais do reconto das Eleccións Xerais de 2019.

Goretti Sanmartín, valoración do 28A: “Estamos nunha época de remontada, de esperanza e de enerxía para o BNG, que ten equipo e capacidade demostrada para liderar unha alternativa en Santiago”