Intensa campaña de rúa de Nós Candidatura Galega, combinada con actos sectoriais e por barrios
Representantes do BNG, integrados nesta coalición electoral, participarán en numerosos actos co lema A forza do noso pobo
Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2015.- Nós Candidatura Galega realizou este sábado un reparto informativo pola praza de abastos, no que participaron os candidatos Tereixa Novo e Suso de Toro, ademais de Rubén Cela, Goretti Sanmartín, Rafael Vilar e numerosos simpatizantes da formación nacionalista.
Entre os actos previstos para a vindeira semana, o luns 7 de decembro está convocada unha concentración de preferentistas diante do Banco Popular coa presenza do candidato Carlos Callón, a carpa móbil informativa está pola tarde instalada en Conxo e ás 20:00 hai un acto no Centro Sociocultural de Santa Marta sobre a tarifa eléctrica galega, coas intervencións de Elvira Souto, Adrián Dios e Xesús Domínguez.
O martes está a carpa móbil informativa instalada na praza do Toural. O mércores está organizado un acto de ensino na Biblioteca Ánxel Casal, un mitin ás 18:00 horas con Mini no Centro Sociocultural da Trisca e, pola noite, un acto de Galiza Nova con Carlos Callón e Lucía Veciño.
O xoves hai un encontro con delegados sindicais e o venres un acto público coa participación de Rosana Pérez, Adrián Dios e Tereixa Novo no Centro Sociocultural das Fontiñas. Ademais destes actos, diversos grupos de voluntariado de Nós Candidatura Galega teñen presenza constante nas rúas de Santiago de Compostela, para dar a coñecer a candidatura e o programa que defende os intereses de Galiza no Congreso.
Nós Candidatura Galega fai tamén traballo voluntario de preparación do material de campaña no local situado na rúa de Home Santo número 55, para encartar papeletas, imprimir volantinas e cartaces de anuncio de actos, entre outras funcións. Así, persoas que o desexen e acrediten no programa da candidatura do país poden achegarse a colaborar durante a campaña electoral.