28M
Isabelle Kerdudo
Candidatura BNG 28M
11 abr. 2023 - 13:35
Presentámosvos ás persoas que integran a candidatura do BNG de Santiago de Compostela ás eleccións municipais de 2023
16. Isabelle Kerdudo
Naceu en Lannuon, Bretaña, hai 56 anos. Licenciada en Filoloxía Hispánica e Linguas Célticas pola Universidade de Rennes, investigou no Máster sobre o Entroido de Laza. Veu a Galiza estudar a lingua galega e leva 30 anos vivindo en Santiago de Compostela. É profesora na Escola Oficial de Idiomas.
Participou na fundación da Asociación Galega Pro Lactación Materna Mámoa. Milita por máis xustiza social, na defensa ambiental e dos animais. É cofundadora da Asociación de protección animal Abeiro e activista ecoloxista en ADEGA.