ESCOLAS INFANTÍS

Máis de 600 nenos e nenas quedan sen praza nas escolas infantís públicas para o curso 2016-2017 en Santiago de Compostela

Denota a falta de previsión e de capacidade para cubrir a demanda existente

 

Máis de 600 nenos e nenas quedan sen praza nas escolas infantís públicas para o curso 2016-2017 en Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2016.- O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, advirte que 630 nenos e nenas quedaron en listas de agarda nas escolas infantís da Xunta, concertadas e municipais para o curso 2016-2017 en Santiago de Compostela, segundo o reconto das listas definitivas. En concreto, foron 231 as crianzas de 0 a 3 anos que quedaron sen praza nas escolas infantís municipais de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío – Salgueiriños, o que denota a falta de previsión e de capacidade para cubrir a demanda existente.

O BNG cuestiona que a Xunta vaia destinar 3.489.200 euros ao chamado Bono Concilia para axudar a pagarlles o ensino en garderías privadas a quen quedaron en lista de agarda ao non dipor dos centros públicos necesarios. Neste sentido, reclama que asuma as competencias en educación infantil e non derive o primeiro ciclo ás áreas asistenciais a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualde e Benestar, dependente da Consellaría de Política Social.

Deste xeito, Rubén Cela empraza o alcalde a facer as xestións necesarias coa Xunta de Galiza para a creación de novas escolas infantís en Santiago de Compostela de xeito que se atenda, nos vindeiros cursos, esta necesidade básica para a conciliación laboral e familiar mediante un ensino público, galego e de calidade.

Reconto das listas definitivas de nenos e nenas en listas de agarda nas escolas infantís de Santiago de Compostela

30 Tambre

142 Trasparlamento

111 San Roque

29 Vite

50 EI Os Pequerrechos (concertada)

47 EI Kids Garden (concertada)

231 Lista de agarda común escolas infantís municipais Conxo, Fontiñas, Meixonfrío - Salgueiriños

Máis de 600 nenos e nenas quedan sen praza nas escolas infantís públicas para o curso 2016-2017 en Santiago de Compostela