DEPURADORA

O BNG reclama que se apuren os prazos para financiar a depuradora “para non volver perder os fondos europeos”

Río Sar
despois.depuradora.silvouta

Rubén Cela defende que teña a mellor tecnoloxía posíbel e que a achega das administracións sexa proporcional

O BNG reclama que se apuren os prazos para financiar a depuradora “para non volver perder os fondos europeos”

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2017.- O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, ao abeiro da última reunión para axilizar a construción da depuradora para Santiago de Compostela, instou a que se asine ese convenio de inmediato “porque xa vai xustísimo de tempo para chegar con esa infraestrutura executada para 2021”.

“Queremos que sexa un bo acordo para Santiago de Compostela, que pasa por ter a mellor tecnoloxía posíbel e por que o pagamento e a achega económica que teña que facer o Concello co resto das administracións sexa razoábel e proporcional ao peso de cada unha delas”, engadiu.

Para Rubén Cela, a creación da comisión supón “máis incertezas porque xa se perderon unha vez os fondos europeos e agardamos que non se volvan perder unha segunda vez, porque se iso acontecese a depuradora se fará pagada a escote por todos os veciños e veciñas de Santiago”. “Polo tanto, sería unha irresponsabilidade terríbel”, afirmou.

O BNG reclama que se apuren os prazos para financiar a depuradora “para non volver perder os fondos europeos”