PLENO

O BNG traslada unha moción de apoio a unha muller que foi despedida do traballo tras anunciar o seu embarazo

Reclama a solidariedade da Corporación nun novo caso de vulneración de dereitos por razón de xénero

O BNG traslada unha moción de apoio a unha muller que foi despedida do traballo tras anunciar o seu embarazo

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2017.- O grupo municipal do BNG de Santiago defenderá no Pleno unha moción para que a Corporación amose o seu apoio a unha muller que foi despedida ao anunciar o seu embarazo na empresa Unipost, nun novo caso de vulneración de dereitos por razón de xénero.

A muller comunicoulle á empresa o 26 de maio que estaba embarazada de 10 semanas, de acordo co protocolo do centro de traballo. O mesmo día o xefe transmítelle que o seu traballo era bo e que continuaría até fin de contrato, porén tres días despois a empresa fíxolle entrega do documento de rescisión de contrato por non superar o período de proba satisfactoriamente. Ana María Parafita foi sometida a un trato discriminatorio por razón de xénero co motivo do seu embarazo ao perder o seu traballo por esta causa, deixándoa en situación especial de vulnerabilidade sufrindo un maltrato e dano psicolóxico.

Hai xurisprudencia do Tribunal Supremo de que a rescisión unilateral durante o período de proba non é libre cando a decisión está motivada por razóns discriminatorias que violen o artigo 14 CE ou vulnere dereitos fundamentais.

O BNG traslada unha moción de apoio a unha muller que foi despedida do traballo tras anunciar o seu embarazo