O BNG INCLÚE NA NEGOCIACIÓN DOS ORZAMENTOS UN NOVO EDIFICIO PARA A ESCOLA DE MÚSICA E UN PLAN PARA ARRANXOS NOS CENTROS DE ENSINO

O BNG inclúe na negociación dos orzamentos un novo edificio para a Escola de Música e un plan para arranxos nos centros de ensino

emm
Foto: Escola Municipal de Música

Require tamén asignar unha partida para as obras de sinalización e mellora na contorna dos centros escolares para cumprir o acordo plenario

O BNG inclúe na negociación dos orzamentos un novo edificio para a Escola de Música e un plan para arranxos nos centros de ensino

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2016.- O BNG, no apartado educativo, trasladará á negociación dos orzamentos municipais para 2017 a necesidade de incluír unha partida para a construción ou habilitación dun novo edificio para a Escola Municipal de Música, que libere o espazo que ocupa na actualidade do CEIP Apóstolo Santiago. Requirirá tamén un plan de arranxo de centros de ensino públicos, cunha planificación acordada coa comunidade educativa, así como a sinalización e mellora da súa contorna.

Para o BNG, é imprescindíbel darlle unha solución urxente á situación provocada polo emprazamento da Escola Municipal Música, que está a ocupar instalacións en detrimento do uso por parte do CEIP Apóstolo Santiago, co fin de facilitar que ambos centros poidan dispor de espazo suficiente para desenvolver as súas actividades con normalidade, pois considera fundamental o achegamento do alumnado ás artes escénicas e musicais, pero tamén que o alumnado da Almáciga non vexa diminuída a súa calidade educativa por mor do Concello. Deste xeito, procúrase que mellore tanto o alumnado do CEIP Apóstolo Santiago como o da Escola Municipal de Música.

Ademais, defenderá unha proposta para conseguir unha dotación económica importante para realizar, dunha vez por todas, as obras de reparación ao detalle que lle corresponden ao Concello nos centros de ensino públicos relativas a cuestións de limpeza, seguridade e falta de mantemento.

Require tamén asignar unha partida orzamentaria para as obras de sinalización e mellora na contorna dos centros escolares co fin de incrementar a seguridade viaria, tal como foi aprobado en Pleno a raíz dunha proposta do BNG.

Neste sentido, o grupo municipal do BNG amosa a súa predisposición permanente ao diálogo co Goberno municipal e á busca de acordos sobre aspectos para incluír na negociación dos Orzamentos que supoñen unha mellora na calidade dos servizos públicos para a veciñanza de Santiago de Compostela.

O BNG inclúe na negociación dos orzamentos un novo edificio para a Escola de Música e un plan para arranxos nos centros de ensino