PLENO

O BNG traslada ao Pleno demandas do barrio do Meixonfrío para a instalación dun parque xeronto-infantil e dunha pista polideportiva

Reclaman tamén o rozado de tres fincas municipais invadidas pola maleza

O BNG traslada ao Pleno demandas do barrio do Meixonfrío para a instalación dun parque xeronto-infantil e dunha pista polideportiva

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2017.- O grupo municipal do BNG traslada ao Pleno demandas do barrio do Meixonfrío, para que se proceda ao rozado de vexetación en tres fincas municipais, á instalación dun parque xeronto-infantil e á construción dunha pista polideportiva.

No barrio de Meixonfrío atópanse tres fincas municipais que están cheas de maleza na rúa Queimada, na rúa Mallou e na glorieta do Cruceiro da Coruña. A veciñanza está farta de ver subir as silveiras polas paredes das súas casas e de que invadan as beirarrúas. As árbores atópanse sen podar dende hai anos coa consecuente caída de polas nas beirarrúas e incluso na estrada, o que pode causar accidentes.

Logo dunha reunión co grupo municipal do BNG, a veciñanza quere que se proceda á limpeza destas fincas o máis axiña posíbel. Consideran que nun dos terreos, tanto na da rúa Queimada ou na da rúa Mallou, se podería instalar un parque xeronto-infantil posto que na zona este do barrio non hai ningún parque, segundo lle trasladaron á formación nacionalista.

Ademais, consideran que no barrio se experimenta un crecemento de habitantes e, pese a iso, non contan con ningunha instalación deportiva. Deste xeito, as rapazas e rapaces da contorna non dispoñen de ningún espazo para xogar ao baloncesto, tenis ou calquera outro deporte, tal como explicaron durante o encontro.

O BNG traslada ao Pleno demandas do barrio do Meixonfrío para a instalación dun parque xeronto-infantil e dunha pista polideportiva