CULTURA
Presentación do libro “A defunción dos sexos”, de Daniela Ferrández
Este xoves 23 de xuño ás 18:00 na libraría Lila de Lilith
22 xuño 2022 - 12:14
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2022.- A libraría Lila de Lilith acolle este xoves 23 de xuño ás 18:00 horas un acto aberto para a presentación do libro “A defunción dos sexos. Disidentes sexuais na Galiza contemporánea”, que contará coa autora Daniela Ferrández Pérez e coa presentación de Goretti Sanmartín Rei.
Esta publicación configúrase como pequenas xanelas das que se extraen historias e memorias de persoas diversas. Persoas perseguidas, aceptadas, toleradas ou reprimidas. Vidas, a fin de contas, necesarias para unha reflexión colectiva.