PLENO

O BNG propón a creación dun programa integral de actividades extraescolares para todos os centros

plástica
plástica

Con este sistema conséguese unha oferta homologada, un prezo máis barato e a introdución de criterios de renda para diminuír a fenda social

O BNG propón a creación dun programa integral de actividades extraescolares para todos os centros

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2016.- O grupo municipal do BNG proponlle ao Goberno local a creación dun programa integral de actividades extraescolares e de conciliación laboral e familiar en colaboración coas Asociacións de Nais e Pais (ANPAs).

Segundo explicou Rubén Cela en rolda de prensa, será unha das iniciativas que o BNG presentará no vindeiro Pleno a petición das ANPAs e, ademais, unha das propostas para os Orzamentos de 2017.

“Se hai unhas semanas o BNG propuña un plan municipal de actividades para a conciliación familiar e laboral en Semana Santa, verán e Nadal”, explicou,  compleméntase con esta iniciativa de actividades extraescolares nos períodos lectivos, que xorde a proposta da Federación de ANPAs de Compostela, para a xestión e organización directa por parte do Concello.

As actividades extraescolares forman parte do conxunto do sistema educativo e, cada vez, teñen un papel máis importante como formación complementaria no ensino regrado como da conciliación familiar e laboral. Pese a que a administración competente nesta materia é a Xunta, na práctica son as ANPAs quen xestionan as actividades extraescolares.

Así, mentres a Xunta non exerza esta competencia, a iniciativa do BNG propón que o Concello de Santiago oferte a todos os centros unha batería de actividades extraescolares (artísticas, creativas, culturais, lúdicas e deportivas) para que cada ANPA seleccione as que lle interesan, ademais de poder complementar coas que considere pola súa conta. Con este sistema conséguese unha oferta homologada, un prezo máis barato e a introdución de criterios de renda para diminuír a fenda social, de xeito que todos os nenos e nenas poden participar nas actividades extraescolares con independencia do seu nivel socioeconómico.

O BNG propón a creación dun programa integral de actividades extraescolares para todos os centros